quarta-feira, 10 de março de 2010
Sorpresa Monumental
A empresa estatal Tragsa, conocida en todo o Mundo polas súas actuacións ambientais exemplares, con abundantes fondos do Ministerio(Dirección General para la Biodiversidad) e da Xunta de Galicia, destruíndo a Rede Natura no Courel e facendo exactamente o contrario do que é unha Rexeneración Hidrolóxico Forestal, no monte das Lampas.
Este cartel está colocado no Taro Branco, na entrada da pista que vai para Portela deLouzara.
Vemos como se intenta camuflare la bandera de la Unión europa detrás de la Española
O Monte das Lampas arrasado
Entre o Taro Branco e Coldetaro, dous hábitats prioritarios da rede Natura 2000, e dous fitos xeolóxicos do Courel, onde está a 3ª explootación mineira romana, máis grande do Courel, sin inventariar, O Chao das Covas, e gran cantidade de cavidades subterráneas sen inventariar e sen estudar, unha delas a das Grellas, a segunda máis longa de Galicia, despois da do Reicintolo de mondoñedo.
O monte foi destruído e prantado sucesivamente de piñeiros, pistas e cortalumes ociosos.
o anaco que quedaba de uceira protexidas está sendo decapado por buldócers, nunha obra que foi adxudicada a Tragsa:
Unha Rexeneración Hidrolóxico Forestal, onde os traballos se deberían realizar obrigatoriamente a mán, en plena Rede Natura 2000, sen permiso dos veciños propietarios do monte, en plena época de cría da caza maior.
Mámoa asoballada polas escavadoras
Mámoa mutilada
Unha Mámoa con sorte
Subscrever:
Mensagens (Atom)